A emisora de radio CUAC FM está no Campus da Zapateira da Universidade da Coruña (rúa Lisboa, 8).

– COMO CHEGAR EN COCHE DESDE ALFONSO MOLINA: Para chegar a este Campus, hai que subir pola Avenida de Alfonso Molina ata o seu punto máis alto, e xirar á dereita despois da gasolineira pola rúa que sube ao monte da Zapateira. Uns 300 metros despois dese desvío chega outro xiro á dereita que xa nos introduce no propio Campus Universitario.
A primeira Facultade que aparece é a de Aparelladores (Arquitectura Técnica). Xusto ao atopala hai un cruce. Á dereita, unha rúa sen pendente lévanos á praza onde está a Escola de Arquitectura e o antigo Colexio Universitario, que agora acolle as Facultades de Ciencias. Nese punto nós debemos coller a rúa que está máis á esquerda, e que sube.
É unha rúa que describe unha sinuosa e MOI PRONUNCIADA PENDENTE e que nos leva aos edificios que están no punto máis alto do Campus, e que agora acollen as Facultades de Filoloxía (hai anos construíronse para a Facultade de Económicas, que xa non está alí). Na metade desa costa, á dereita hai un polideportivo cuberto e un edificio baixo ao seu carón, que é onde se atopa a emisora de radio de CUAC FM. Á esquerda, uns 20 ou 30 metros máis arriba, hai unha ampla zona de aparcamento onde sempre hai moito espazo libre.

– COMO CHEGAR EN COCHE DENDE O CAMPUS DE ELVIÑA: Hai que subir ao Campus da Zapateira pola rúa (pendente moi pronunciada) que une os dous Campus, e que pasa por diante da Escola de Económicas e Empresariais. Bórdease a Escola de Arquitectura (edificio moi singular) e crúzase toda a praza entre as Facultades. Ao chegar ao final, hai unha curva moi pechada á dereita, a unha rúa que sube.
É unha rúa que describe unha sinuosa e MOI PRONUNCIADA PENDENTE e que nos leva aos edificios que están no punto máis alto do Campus, e que agora acollen as Facultades de Filoloxía (hai anos construíronse para a Facultade de Económicas, que xa non está alí). Na metade desa costa, á dereita hai un polideportivo cuberto e un edificio baixo ao seu carón, que é onde se atopa a emisora de radio de CUAC FM. Á esquerda, uns 20 ou 30 metros máis arriba, hai unha ampla zona de aparcamento onde sempre hai moito espazo libre.

– COMO CHEGAR NO BUS UNIVERSITARIO (moi boa opción): Da Praza de Pontevedra (xunto ao local do Deportivo), sae cada cinco minutos un bus da línea “UDC” (non coller o 24, só pasa por cerca). Hai que baixar na última parada, xunto ao edificio de Filoloxía, e volver andando 100 metros para atrás, costa abaixo, ata a emisora.