Neste primeiro programa da nosa 5ª Tempada falaremos con Matilde García, directora da UDC  Senior, coa profesora  Sonia Suárez, profesora de informática da Universidade Sénior.

Tamén vos falaremos do nacemento dun novo proxecto radiofónico. Integrantes da Federación Galega de Asociacions Universitarias Séniors. FEGAUS están plantexando a posta en marcha dun programa de radio en colaboración con CUAC FM, falaremos coas persoas implicadas para que nos adianten algo máis deste proxecto.