Despois de tres meses de parón volvemos emitir desde nostra casa, grazas aos
técnicos de CUAC.

Como sempre, teremos a nosa habitual Axenda Sénior, para que poidades estar ao día de todos os eventos da Universidade Sénior da UDC  e de Adayeus, teremos música, noticias da cidade e moitas cousas máis.

Entrevistamos a José Manuel Martís, cociñeiro cualificado, da Pobra do Caramiñal, que se atopa en cuarentena, recen chegado de Arabia Saudí onde traballa nun proxecto que él nos
vai contar. Da súa man coñeceremos un país sorprendente…