Recalar: “Logo dunha longa navegación, aproximarse a unha costa para recoñecela e determinar a posición”.
Cando a finais de 2016 comezamos a singradura de RadioSénior non sabíamos que estábamos a construír lembranzas que durarán para sempre, que estábamos a sementar liberdade nos campos das ondas radiofónicas, que estábamos demostrando que éramos quen de ser axentes activos de comunicación, … soamente pensábamos en aprender e desfrutar facendo radio e construíndo unha ferramenta de difusión da aprendizaxe ao longo da vida que vivimos na Universidade Sénior.
Desde a primeira emisión en maio de 2017, logo de 2 tempadas, 21 programas, case 1300 horas de radio en directo e moitas mais de produción e redacción, soaron mais de 150 cancións, dende Moustaki ou Serrat a Marea ou Rozalén, de Cristina Pato a os Beatles, das Cen Miradas de Sonia Lebedynski que nos serviu de sintonia de inicio á Labordeta que pechaba os nosos programas lembrándonos que “seguimos aguantando el temporal”.
Nestes tempos, teñen pasado polas ondas de RadioSénior preto de 80 personaxes relevantes da vida académica, social, cultural e artística da nosa contorna:
Autoridades Universitarias
- Julio Abalde – Reitor
- Nancy Vázquez – Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Educativa – UDC
- Pilar García – Vicerreitora de Internacionalización e Cooperación – UDC
- Matilde García – Directora Universidade Sénior UDC
- Ana González – Directora Unidade de Divulgación Científica UDC
- Rosa Cobo – Directora Centro de Estudos de Xénero e Feministas – UDC
Profesorado da Universidade
- Adina Dumitru – Profesora UDC
- Casto Rivadulla – Profesor UDC
- Diego Bellido – Profesor UDC
- Fernando Agrasar – Profesor UDC
- Pilar Millor – Profesora UDC
- Juan Manuel Sánchez-Quinzá – Profesor UDC
- Isidoro Hornillos – Profesor UDC
- Jaime Fagúndez – Profesor UDC
- Alberto Sucasas – Profesor UDC
- Andrés Martínez – Profesor UDC
Personalidades do ámbito académico:
- Francois Vellas – Presidente AIUTA
- Concepción Brú – Presidenta AEPUM
- Pablo Martín – Director de SEPIE (Servicio Español de Promoción de la Internacionalización de la Educación)
- Andrés Ajo – Responsable Educación de Adultos del SEPIE
- Luis Jacob – Presidente de RUTIS (Rede de Universidades da Terceira Idade –Portugal)
- María Guimaraens – Directora UGIRT (Universidade da Grande Idade de RioTinto – Portugal)
- Jose Manuel Muñóz – Director Univ. Experiencia – Salamanca
- Alejandro Otero – Presidente FEGAUS (Federación Galega de Universitarios Sénior)
- Marina Troncoso – Presidenta CAUMAS (Confederación de Asociaciones de Universitarios Mayores)
- Roberto Pérez – Presidente ADAYEUS (Asociación de Alumnos/as da Universidade Sénior da Coruña)
Personalidades do ámbito político:
- Ricardo García – Deputado pola Coruña nas Cortes Generales
- Xulio Ferreiro – Alcalde de A Coruña
- Rocío Fraga – Concelleira de Igualdade e Seguridade – Concello da Coruña
- Manuel Muiño – Alcalde de Zas e Presidente do GDR “Costa da Morte”
- Pilar Farjas – Responsable E-Saude SERGAS
Personalidades do activismo e o compromiso social:
- Esteban Beltrán – Director de Amnistía Internacional
- Rubén Sánchez – Activista Social (Acampa)
- Marta Casal – Activista Social (Muller)
- Montse Otero – Sindicalista
- Roberto Rivas – Bombeiro e Activista Social
Personalidades do ámbito cultural e artístico
- Xulia Santiso – Directora Casa Museo Emilia Pardo Bazán
- Silvia Modia – Vicedirectora del Auditorio de Galicia.
- Carmen Fernández – Directora Museo de Arte Contemporáneo da Coruña
- Manuel Rivas – Escritor
- Olga Rodríguez – Periodista
- Ivan Patiño – Director de Cine
- Marcos Pérez – Xornalista
- Nacho Carretero – Xornalista e escritor, autor de “Fariña”
- Manuel Vicente – Divulgador Científico e director do programa “Efervesciencia” -RTVG
- Edu Fernández – Artista
- Ali Ali – Artista
- Rita Rodríguez – Artista
- Xurxo Souto – Artista e cantante
- Guadi Galego – Cantante
- Uxía – Cantante
- Sonia Lebedinsky – Cantante
- Manuel Lourenzo – Dramaturgo e Actor
Personalidades do ámbito económico e social:
- Cesar Bonilla – Empresario
- Vicente Campos – Médico
- Pablo Pizarro – Cociñeiro
- Ana Salorio – Cociñeira
E mais de 20 alumnos e alumnas da Universidade Sénior e outras institucións de formación de adultos de toda Europa.
O proceso de formación, tanto na Universidade Sénior, a través do Taller de Comunicación que encabazaba primeiro o profesor e xornalista Cristóbal Ramirez e actualmente a investigadora da UDC, Isabel Lema, e o Taller Europeo da profesora Pilar García, coa formación en TIC, como logo co proceso formativo na emisora comunitaria CUAC FM, foi o comezo do camiñar de 5 alumnos e alumnas que abriron o camiño que ao ano comezarían outros catro compañeiros e compañeiras.
Esta singradura non sempre foi fácil. Foi necesario aprender as claves dunha nova linguaxe, a radiofónica. Tivemos que aprender a traballar coas TIC: manexando un blog que leva preto de 400 entradas e que conta xa con case 15.000 visitas en pouco mais dun ano, manexando ferramentas de audio dixital, … Pero sobre todo, foi preciso aprender a traballar xuntos e xuntas, de xeito cooperativo, colaborando e non competindo, mantendo as nosas opinións, respectando as opinións distintas e acadando unha posición común. Aprendemos xuntas, camiñando uns a carón das outras a traballar en liberdade e responsabilidade, sendo un sen deixar de ser nós, falando sen medo dos temas que nos interesaban: incendios forestais, violencia de xénero, igualdade, pensións, … Nin sequera a perda das emisións en FM fíxonos render, e cóbado con cóbado, seguimos o noso rumbo. E acadamos o recoñecemento de tres premios da emisora por votación do resto de programas.
Chega agora o momento de fondear fronte a algunha tranquila praia. Un tempo de descanso có verán polo medio, para retomar folgos, para ver o rumbo xa seguido e tratar de axexar o destino procurado. De certo que haberá que enfrontar ventos e ondas, mais ningunha inclemencia será mais forte que a vontade, a constancia, a dedicación e o esforzo que cada programa teñen posto Luis Santillana, Chus García, Concha Maneiro, Puerto Pérez, Agustín Cabezudo, Manuel Iglesias, Silvia Larrosa, Chus Regueiro e Genoveva Carballal … eles e elas son RadioSénior.
05/07/2018 at 16:02
Enhorabuena a todos, programa a programa habéis sabido mantener nuestra atención y hemos disfrutado mucho. La espera ahora no será de quince días, será un poco mas, pero ahí estaremos vuestros seguidores pendientes de a la vuelta de vacaciones escucharos como siempre.
Felices vacaciones a todo el equipo.
GústameLiked by 4 people
06/07/2018 at 00:22
Gracias a vosotros Pilar García, Cristóbal Ramirez, Isabel Lema y el “alma mater” de Radio Senior Francisco Ascón y a la UDC Senior por admitirnos en esta nueva experiencia.
GústameLiked by 2 people
14/07/2018 at 17:02
Nada de esta maravillosa aventura tería sido posible sin a man tendida por vos, Pilar, Cristóbal , Isa, a Senior e por riba de todo sin a entrega incondicional, paciencia, cariño ….faltan calificativos para ubicar a Paco en este escenario.
Grazas a todas por facernos despertar a unha experiência nova e conseguir engancharnos en este disfrute. Apertas de corazón .
GústameLiked by 2 people
14/07/2018 at 17:07
Tamén temos que agradecer á xente que nos escoita e nos anima nos momentos difíciles comunicándose connosco durante e despois das emisións.
E por suposto á resposta sempre amable e incondicional dos nosos convidados e convidadas !!!
GústameLiked by 2 people
26/09/2018 at 15:25
Animo chicos a por la tercera etapa. Ya nos tardaís.
GústameGústame
19/02/2019 at 23:39
Reblogged this on Chusinha's Blog.
GústameGústame