Hoxe na reunión falabamos de Sonia Lebedynski. Ademais ser unha extraordinaria docente, Sonia foi durante 10 anos a voz de Fia na Roca. Agora, en solitario, anda a presentar “Cen Miradas” o seu primeiro album. Actuará mañá venres, 21 de abril, na Sala Sonar de Compostela.

En Febreiro de 2009, tivemos a sorte de ter a Sonia Lebedynski na Universidade Sénior, cunha actuación no Salón de Actos do CUR, co gallo do I Encontro Internacional “Rosalía de Castro”, que reuniu alumnos/as de Galicia e Flandes en torno á figura da poetisa. Os versos de Rosalía e a voz de Sonia encheron o Salón.