Buscar

Radio Sénior

Universidade Sénior – UDC

Podcast do Programa 101- 5º da 7ª Tempada

No programa de hoxe queremos levantar a voz contra as violencias machistas e facemos nosa a frase da campaña do concello da Coruña “ignorar a violencia non é o mesmo que eliminala, sexamos parte da solución non do problema”. Falamos  con Ana Jesús López Díaz, profesora titular de Enxeñaría Mecánica da Universidade da Coruña, cunha importante traxectoria na loita a prol da igualdade entre mulleres e homes na universidade e na Ciencia.Escoitamos unha  audioficción, baseada en centos de feitos reais. O relato “Mi historia” desenvolvido por Sara Berárdez, Daniel Castro e Alba Antelo vén de gañar o primeiro premio no concurso de creación artísticas para a prevención do acoso convocado pola Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC.

Podes escoitar o noso programa RadioSenior 5º da 7ª Tempada

  • No reproductor desta mesma entrada:

Ir a descargar

Galería de imaxes de Programa 5º da 7ª Tempada

Programa 5º da 7ª Tempada

Programa especial polo Día Contra a Violencia de Xénero, entrevistamos a Ana Jesús López Díaz que foi directora da Oficina de Igualdade e presidenta da asociación de investigadoras e tecnólogas. Foi a responsable da elaboración do Primeiro Plan de Igualdade (2013-2017) e do Segundo Plan de Igualdade (2019-2023) e do Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo. 

Presentación de la Ponencia de RadioSenior en el 1.er Congreso de Alfabetización

Julio Carballada y Manuel Méndez presentan la Comunicación

I CONGRESO INTERNACIONAL DE ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN: EXPERIENCIAS, POTENCIALIDADES E RETOS PARA OS MEDIOS LIBRES E COMUNITARIOS

Mirada Sénior

Mañá xoves 24 de novembro inaugurarase no Paraninfo da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9) oI Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios.

Este congreso ten por obxecto xerar un espazo de diálogo e aprendizaxe, a través da presentación de experiencias, investigacións e debates interdisciplinares entre expertos no eido da educomunicación e da cultura libre, e activistas, investigadores e docentes da comunicación participativa.

Entre o programa do congreso destacan as conferencias deJOSÉ EMILIO PÉREZ MARTÍNEZ,quen impartirá a Conferencia inaugural: A traxectoria das radios libres e comunitarias como escolas de radio por e para a cidadanía; das profesoras da UDCMARÍA BARBA e PATRICIA DIGÓN; deSALLY GALIANA,directora da radio comunitaria dublinesa Near FM; da directora do proxecto Teleduca. Educació i Comunicació,CARME MAYUGO, de Barcelona; e dos activistasSOFÍA PRÓSPER e…

View original post 233 palabras máis

Podcast do Programa 100 ~ 4º da 7ª Tempada

Falamos con diversas persoas que estiveron nos seus comezos e propiciaron esta aventura de RadioSenior: Os profesores Pilar García de la Torre, Cristobal Ramirez, tamén con Francisco Ascón Belver , que foi o promotor desta iniciativa, tamén co Reitor Julio Abalde que foi o primeiro entrevistado e a directora da UDC Senior diranos algunhas palabras.

Podes escoitar o noso programa RadioSenior 4º da 7ª Tempada

  • No reproductor desta mesma entrada:

Ir a descargar

Selección de imaxes do programa 100, 4º da 7ª tempada.

¡¡Programa 100!! 4º da 7ª Tempada

Neste programa falaremos con diversas persoas que estiveron nos seus comezos e propiciaron esta aventura: Os profesores Pilar García de la Torre e Cristobal Ramirez,  con Francisco Ascón Belver  que foi o promotor desta iniciativa, tamén co Reitor Julio Abalde  o noso  primeiro entrevistado, e a directora da UDC Senior Matilde García Sánchez  diranos  unhas palabras.

Podcast do Programa 99 ~ 3º da 7ª Tempada

Entrevistaremos a Lorena Fernández Álvarez, enxeñeira informática e directora de identidade dixital da Universidad de Deusto. Falaremos coa profesora Marta Rey García sobre as iniciativas que está a desenvolver no Seminario que leva por titulo “Sustentabilidade e Economía Circular na práctica

Podes escoitar o noso programa RadioSenior 3º da 7ª Tempada

  • No reproductor desta mesma entrada:

Ir a descargar

Blog en WordPress.com.

Subir ↑